A Xunta participa no Porto nun foro arredor do proxecto transfronteirizo Iqual Campus a prol da igualdade laboral en Galicia e no norte de Portugal

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais interveu hoxe no arranque do foro ‘Pontes para a formación transfronteiriza en igualdade de xénero laboral’, poñendo en valor a plataforma en liña habilitada no marco da iniciativa de colaboración. Pablo Fernández destacou que aborda cuestións como o dereito á igualdade de trato e á non discriminación […]