Resultados
Impulsando a igualdade de xénero laboral
Os nosos esforzos tradúcense en resultados tanxibles. Traballamos para mellorar a calidade e cobertura dos servizos formativos en igualdade laboral en Galicia e o Norte de Portugal, creando un impacto positivo e duradeiro na sociedade.
A1. Deseño do sistema conxunto de formación e dun deseño curricular común en materia de igualdade de xénero laboral
- Un curriculum formativo común deseñado para formar
aos tres públicos obxectivo do proxecto: docentes, técnicos/as
de igualdade e sociedade xeral - Un Campus virtual transfronteirizo piloto de igualdade de
xénero laboral baseado nunha plataforma de teleformación - Unha Rede transfronteiriza de entidades públicas e privadas
relacionadas coa formación en materia de igualdade laboral
A2. Certificación das competencias en materia de igualdade de xénero laboral dos actores crave para a implantación dun sistema común
- Unha Certificación común piloto de competencias formativas en igualdade de xénero laboral para docentes e técnicos/as de igualdade
- Unha Comunidade de docentes acreditados para impartir formación
A3. Posta en funcionamento do Campus virtual transfronteirizo de igualdade de xénero laboral
- Plans formativos (módulos e contidos) deseñados para os tres públicos obxectivo
- Experiencias formativas piloto impartidas a grupos dos tres públicos obxectivo a través do Campus virtual
A4. Observatorio transfronteirizo de competencias formativas en materia de igualdade laboral
- Un Observatorio transfronteirizo de competencias formativas en materia de igualdade de xénero laboral
- Sistema formativo transferido a outras entidades educativas, como universidades, centros de formación profesional etc.