O vindeiro mércores 30 de outubro, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho) celebra a xornada de lanzamento do proxecto na Escola Superior de Ciências Empresariais do Instituto Politécnico de Viana do Castelo (IPVC), situada en Valença.
O proxecto Iqual Campus, respaldado polo Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, é unha innovadora iniciativa transfronteiriza dedicada a mellorar a igualdade de xénero no ámbito laboral mediante formación especializada. Así, ten como obxectivo capacitar a docentes, persoal técnico de igualdade e á sociedade en xeral, desenvolvendo un sistema formativo piloto que promove a inclusión efectiva da perspectiva de xénero en todas as actividades profesionais.
A través dun enfoque colaborativo e dunha plataforma virtual accesible, Iqual Campus aspira a transformar a formación en igualdade laboral, establecendo un modelo replicable e transferible a outros contextos educativos.
O proxecto 0236_IQUAL_CAMPUS_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg VI-A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027.