Conciliación corresponsable da vida familiar e laboral

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Isto é todo o que debes coñecer sobre o curso Conciliación corresponsable da vida familiar e laboral

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Concepto social e laboral de corresponsabilidade
  • Medidas normativas para fomentar a corresponsabilidade
  • A corresponsabilidade no fogar e nas empresas
  • Fórmulas legais para implementar a corresponsabilidade nas relacións laborais

Profesores

Dra. Emma Rodríguez Rodríguez

  • Doutora en Dereito Profesora Titular (acreditada a Catedrática) da Universidade de Vigo

Dra. Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo

  • Doutora en Dereito Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo

Márcia Cristina Matos da Cunha Amorim

  • Doctoranda en Creatividade, Innovación Social e Sostibilidade. Formación en Igualdade de Xénero

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

Parte xeral:

  1. Corresponsabilidade na vida cotiá e no mercado laboral: Roles de xénero e a súa evolución
  2. Dereitos e recursos para fomentar a corresponsabilidade: Permisos, axudas e medidas de conciliación
  3. Estratexias para a redistribución equitativa do traballo doméstico e de coidados: Comunicación no fogar e corresponsabilidade masculina
  4. Empresas corresponsables: como identificalas e promovelas: Certificacións, políticas e beneficios
  5. Cambio cultural cara á corresponsabilidade: Como cada persoa pode contribuír desde o seu entorno familiar, laboral e social

Parte específica:

  1. Da protección por maternidade á conciliación
  2. Da conciliación á corresponsabilidade: reducións e adaptacións de xornada
  3. Dos dereitos de ausencia ás fórmulas de traballo flexible
  4. O teletraballo

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 15 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesiones asíncronas: 10 horas → Exposición y desarrollo del contenido teórico del módulo, que abarcará la parte general de la materia y los aspectos teóricos de la parte específica.
  • Sesiones síncronas: 2 horas → Estudo e resolución de casos prácticos sobre as materias estudadas na parte específica
  • Sesión de tutoría grupal en liña: 2 horas → Repaso dos contidos impartidos e resolución de dúbidas do alumnado.
  • Trabajo persoal do alumno: 1 hora → Estudo da materia, preparación e realización da proba de avaliación.

Duración de 15 horas
De
Ata

Obxectivos desta formación

  • Concienciar á sociedade xeral sobre a importancia do exercicio corresponsable dos dereitos e da conciliación da vida persoal, familiar e laboral
  • Proporcionar formación e información sobre o impacto da corresponsabilidade na igualdade de xénero laboral

A quen vai dirixido

As persoas destinatarias deste programa serán:

  • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
  • Persoas traballadoras por conta propia
  • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

Duración

Entre o (data inicio) e o (data fin) do 2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

O prazo de inscrición remata o xx de xxxxx de 2026.

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.
  • Asistir e participar activamente nas x sesións online que se celebran nas datas indicadas, respectivamente.

⇒ 15 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso