O dereito á retribución correspondente ao traballo igual ou de igual valor

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Isto é todo o que debes coñecer sobre o curso O dereito á retribución correspondente ao traballo igual ou de igual valor:

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Concepto e tipos de discriminación retributiva
  • Concepto de traballo igual ou de igual valor
  • Instrumentos de transparencia retributiva
  • A igualdade retributiva no plan de igualdade
  • Negociación colectiva sobre igualdade retributiva

Profesores

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

Parte xeral:

  1. Marco xurídico: da normativa da OIT sobre igualdade de remuneración ao acervo comunitario en materia de non discriminación retributiva
  2. A discriminación retributiva: concepto e clases
    → Desigualdade retributiva vs. discriminación retributiva
    → Discriminación retributiva vs. discriminación salarial
    → Discriminación retributiva directa vs. discriminación retributiva indirecta
    → A adopción da perspectiva interseccional na discriminación retributiva
  3. Do dereito á igualdade retributiva por un traballo igual ao dereito á igualdade retributiva por un traballo de igual valor
    → Traballo igual e traballo de igual valor

Parte específica:

  1. A transparencia en pos da igualdade retributiva:
    → Rexistros retributivos
    → Auditorías retributivas
    → Dereitos de información das persoas traballadoras
    → Dereitos de información das persoas representantes das persoas traballadoras
  2. Contido e elaboración do plan de igualdade en materia retributiva
  3. A negociación da igualdade retributiva na negociación colectiva

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 14 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesións asíncronas: 9 horas → Exposición e desenvolvemento do contido teórico do módulo, que abranguerá a parte xeral da materia e os aspectos teóricos da parte específica.
  • Sesiones síncronas: 2 horas → Estudo e resolución de casos prácticos sobre as materias estudadas na parte específica
  • Sesión de tutoría grupal en liña: 2 horas → Repaso dos contidos impartidos e resolución de dúbidas do alumnado.
  • Trabajo persoal do alumno: 1 hora → Estudo da materia, preparación e realización da proba de avaliación.
Duración de 14 horas
De
Ata

Obxectivos desta formación

  • Proporcionar coñecementos e información sobre as distintas modalidades de desigualdade e discriminación retributiva das persoas traballadoras por razón de xénero desde unha perspectiva interseccional
  • Ofrecer formación sobre as causas da discriminación retributiva e sobre as medidas legais para a súa prevención e erradicación

A quen vai dirixido

O curso está dirixido a persoas interesadas en adquirir unha formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas sobre igualdade de xénero no ámbito laboral ao público en xeral en diversos ámbitos, tanto na educación formal como na formación non formal en entidades, institucións e organizacións públicas ou privadas.

Cómpre sinalar que se recomenda que as persoas interesadas teñan experiencia previa na docencia de contidos e materias relacionadas coa igualdade.

Duración

Entre o (data inicio) e o (data fin) do 2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

O prazo de inscrición remata o xx de xxxxx de 2026.

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.
  • Asistir e participar activamente nas x sesións online que se celebran nas datas indicadas, respectivamente.

⇒ 14 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso