Conciliación corresponsable da vida familiar e laboral

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Isto é todo o que debes coñecer sobre o curso Conciliación corresponsable da vida familiar e laboral

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Marco normativo da corresponsabilidade
  • Implantación de plans de corresponsabilidade en empresas e institucións
  • Concienciación de equipos de traballo sobre corresponsabilidade
  • Concepto e regulación de conciliación e corresponsabilidade
  • Medidas e garantías normativas para implementar a corresponsabilidade nas relacións laborais

Profesores

Dra. Emma Rodríguez Rodríguez

  • Doutora en Dereito Profesora Titular (acreditada a Catedrática) da Universidade de Vigo

Dra. Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo

  • Doutora en Dereito Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo

Márcia Cristina Matos da Cunha Amorim

  • Doctoranda en Creatividade, Innovación Social e Sostibilidade. Formación en Igualdade de Xénero

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

Parte xeral:

  1. Marco normativo e políticas públicas de corresponsabilidade: Instrumentos nacionais e internacionais
  2. Deseño e implementación de plans de corresponsabilidade no ámbito laboral: Medidas de flexibilización, incentivos e boas prácticas empresariais
  3. Análise de datos e auditorías de corresponsabilidade: Indicadores para medir desigualdades na asunción de responsabilidades familiares e o seu impacto na carreira profesional
  4. Negociación colectiva e corresponsabilidade: Integración de medidas en convenios e plans de igualdade
  5. Campañas de sensibilización e formación en corresponsabilidade: Estratexias para a súa aplicación en empresas, administracións e organizacións sociais

Parte específica:

  1. Conciliación e corresponsabilidade
    → Flexibilidade horaria para persoas traballadoras con responsabilidades familiares
    → Reducións de xornada por motivos familiares. Normativa aplicable, dificultades na concreción do seu disfrute. Impacto sobre a relación laboral
    → Adaptación de xornada sen redución de salario, dificultades na súa aplicación práctica, solucións aportadas polos tribunais
    → Teletraballo como ferramenta de conciliación
  2. Fenda de xénero no tempo de traballo
    → Diferenzas no acceso a xornadas reducidas e o seu impacto na carreira profesional
    → As mulleres traballan máis en xornadas reducidas ou en contratos a tempo parcial, moitas veces de forma involuntaria
    → A reducción de xornada impacta negativamente no seu salario, cotizacións e acceso a promocións
    → Segregación por xénero nos horarios, as mulleres adoitan concentrarse en sectores con horarios menos flexibles (sanidade, educación primaria e secundaria, limpeza), o que dificulta a conciliación
    → Dispoñibilidade e promoción profesional
  3. Medidas específicas para reducir desigualdades
    → Fomentar a corresponsabilidade, que os homes tamén utilicen esas medidas
    → Evitar que o traballo flexible afecte á promoción, salario ou dereitos laborais
    → Regular o dereito á desconexión dixital para evitar a sobrecarga
  4. A excedencia por coidado de familiares
    → Suposto de feito
    → Duración
    → Prestación
  5. A suspensión por nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo e risco durante a lactación
    → Suposto de feito
    → Duración
    → Prestación

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 17 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesiones asíncronas: 4 horas → Exposición e desenvolvemento do contido teórico do módulo, que abarcará a parte xeral da materia e os aspectos teóricos da parte específica.
  • Sesións síncronas: 10 horas → Estudo e resolución de casos prácticos sobre as materias estudiadas na parte específica
  • Sesión de tutoría grupal en liña: 2 horas → Repaso dos contidos impartidos e resolución de dúbidas do alumnado.
  • Trabajo persoal do alumno: 1 hora → Estudo da materia, preparación e realización da proba de avaliación.

Duración de 17 horas
De
Ata

Obxectivos desta formación

  • Proporcionar coñecementos normativos e prácticos para a implantación da corresponsabilidade en empresas e organizacións
  • Ofrecer formación para proxectar medidas e instrumentos efectivos para reducir as desigualdades no ámbito laboral, derivadas dos desequilibrios na asunción de responsabilidades familiares

A quen vai dirixido

Personas interesadas en adquirir capacitación certificada en igualdad de género laboral para desarrollar e implementar planes, estrategias y programas destinados a garantizar la igualdad de trato y la no discriminación entre mujeres y hombres en el ámbito laboral público y privado.

Duración

Entre o (data inicio) e o (data fin) do 2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

O prazo de inscrición remata o xx de xxxxx de 2026.

 

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.
  • Asistir e participar activamente nas x sesións online que se celebran nas datas indicadas, respectivamente.

⇒ 17 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso