O dereito á igualdade de trato e non discriminación das persoas traballadoras

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Isto é todo o que debes coñecer sobre o curso O dereito á igualdade de trato e non discriminación das persoas traballadoras:

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Evolución social e normativa dos conceptos de igualdade e discriminación na historia recente
  • Os prexuízos de xénero nas relacións laborais

Profesores

Dr. José Fernando Lousada Arochena

  • Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986). Graduado Social pola Escola Social de Santiago de Compostela (1982-1985). Diplomado en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986). Diploma de Estudos Avanzados en Dereito pola Universidade da Coruña (2008-2010). Doutor en Dereito con Premio Extraordinario pola tese “O principio de igualdade de mulleres e homes: en especial, no Dereito do Traballo e a Seguridade Social”, Universidade da Coruña (2010-2014); máxima nota sobresaliente cum laude; Premio Extraordinario Doutorado Curso 2013-2014
  • Maxistrado Especialista da Orde Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

  1. Da exclusión das mulleres (século XIX) á perspectiva de xénero (século XXI): o principio de igualdade no constitucionalismo decimonónico; a aparición histórica do movemento feminista moderno; da igualdade formal na lei á prohibición da discriminación na sociedade; o Convenio sobre a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller (1979); a teoría feminista do Dereito; da Declaración de Beijing (1995) á igualdade de xénero na Axenda 2030. A interseccionalidade. Recapitulación: o concepto moderno de discriminación por razón de sexo / xénero
  2. Os prexuízos de xénero como causa da discriminación por razón de sexo en xeral, e en particular nas relacións laborais: Os prexuízos de xénero na etapa de nacemento do dereito do traballo: exclusión das mulleres e normativa paternalista. Os prexuízos de xénero na etapa de consolidación do dereito do traballo: a aparición do principio de igual retribución por traballo de igual valor e as súas dificultades de aplicación; a progresiva superación da normativa paternalista. Os prexuízos de xénero nas modernas relacións laborais: segregación vertical (paredes de cemento, fenda STEM) e segregación horizontal (teito de cristal, chan pegajoso, escaleira de cristal); dilema de Wollstonecraft, maternidade e corresponsabilidade, o grifo que pinga; fenda retributiva, síndrome do impostor(a); precipicio de cristal, violencia de xénero

 

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 7 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesións asíncronas: 5 horas → Este módulo estará composto por pílulas formativas de 5 horas de duración (asíncronas), a través das cales o docente exporá e desenvolverá o contido teórico do curso, que abranguerá a parte xeral da materia e os aspectos teóricos da parte específica.
  • Sesión de titoría grupal en liña: 1 hora → Neste caso, levarase a cabo 1 sesión en liña de 1 hora de duración na que o alumnado se conectará de maneira síncrona xunto coa persoa docente co obxectivo de facer un repaso dos contidos impartidos e resolver calquera dúbida que teña sobre a materia.
  • Trabajo persoal do alumno: 1 hora → Estudo da materia, preparación e realización da proba de avaliación.

Duración de 7 horas
De 18 de Maio de 2026
Ata 30 de Xuño de 2026

Obxectivos desta formación

  • Ofrecer formación e información sobre o impacto da discriminación no ámbito laboral
  • Concienciar á poboación en xeral sobre as consecuencias da desigualdade entre homes e mulleres nas relacións laborais

A quen vai dirixido

As persoas destinatarias deste programa serán:

  • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
  • Persoas traballadoras por conta propia
  • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

Duración

Entre o 18/05/2026 e 30/06/2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

El plazo de inscripción finaliza el 11 de mayo de 2026.

 

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.
  • Asistir e participar activamente nas x sesións online que se celebran nas datas indicadas, respectivamente.

⇒ 7 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso