O dereito á retribución correspondente ao traballo igual ou de igual valor

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Isto é todo o que debes coñecer sobre o curso O dereito á retribución correspondente ao traballo igual ou de igual valor:

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Marco normativo internacional e europeo sobre o dereito á igualdade retributiva
  • Concepto e tipos de discriminación retributiva
  • O traballo igual ou de igual valor
  • Instrumentos de garantía da igualdade retributiva

Profesores

Pablo Gimeno Díaz de Atauri

  • Profesor Permanente Laboral da Universidade Complutense de Madrid (acreditado a Titular de Universidade)
  • Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidade Carlos III de Madrid Doutor en Dereito pola Universidade Carlos III de Madrid

Rita Carina dos Reis Felizardo

  • Licenciatura en Educación e Intervención Comunitaria Posgrao “Protección de Menores”

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

Parte xeral:

  1. A normativa da OIT sobre igualdade de remuneración
  2. O dereito á igualdade retributiva entre persoas traballadoras no Dereito da Unión Europea: Da Directiva 75/117/CEE do Consello, de 10 de febreiro de 1975, relativa á aproximación das lexislacións dos Estados Membros que se refiren á aplicación do principio de igualdade de retribución entre os traballadores masculinos e femininos, á adopción da perspectiva de xénero interseccional na Directiva (UE) 2023/970 do Parlamento Europeo e do Consello de 10 de maio de 2023, pola que se reforza a aplicación do principio de igualdade de retribución entre homes e mulleres por un mesmo traballo ou un traballo de igual valor a través de medidas de transparencia retributiva e de mecanismos para o seu cumprimento
  3. A discriminación retributiva: análise conceptual
    → Desigualdade retributiva vs. discriminación retributiva
    → Discriminación retributiva vs. discriminación salarial
    → Discriminación retributiva directa vs. discriminación retributiva indirecta
    → A adopción da perspectiva interseccional na discriminación retributiva

Parte específica:

  1. O dereito á igualdade retributiva efectiva por un traballo de igual valor
    → Da igualdade retributiva por un traballo igual á igualdade retributiva por un traballo de igual valor
    → Factores determinantes dun traballo de igual valor
  2. Medios de garantía da igualdade retributiva
    → Rexistros retributivos
    → Auditorías retributivas
    → Sistemas de valoración dos postos de traballo
    → Dereitos de información das persoas traballadoras
    → Dereitos de información das persoas representantes das persoas traballadoras
    → O plan de igualdade (remisión)

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 14 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesións asíncronas: 9 horas → Exposición e desenvolvemento do contido teórico do módulo, que abranguerá a parte xeral da materia e os aspectos teóricos da parte específica.
  • Sesiones síncronas: 2 horas → Estudo e resolución de casos prácticos sobre as materias estudadas na parte específica
  • Sesión de tutoría grupal en liña: 2 horas → Repaso dos contidos impartidos e resolución de dúbidas do alumnado.
  • Trabajo persoal do alumno: 1 hora → Estudo da materia, preparación e realización da proba de avaliación.

Duración de 14 horas
De
Ata

Obxectivos desta formación

  • Proporcionar coñecementos e información sobre as distintas modalidades de desigualdade e discriminación retributiva das persoas traballadoras por razón de xénero desde unha perspectiva interseccional
  • Ofrecer formación sobre as causas da discriminación retributiva e sobre as medidas legais para a súa prevención e erradicación

A quen vai dirixido

Personas interesadas en adquirir capacitación certificada en igualdad de género laboral para desarrollar e implementar planes, estrategias y programas destinados a garantizar la igualdad de trato y la no discriminación entre mujeres y hombres en el ámbito laboral público y privado.

Duración

Entre o (data inicio) e o (data fin) do 2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

O prazo de inscrición remata o xx de xxxxx de 2026.

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.
  • Asistir e participar activamente nas x sesións online que se celebran nas datas indicadas, respectivamente.

⇒ 14 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso