O dereito á retribución correspondente ao traballo igual ou de igual valor

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Isto é todo o que debes coñecer sobre o curso O dereito á retribución correspondente ao traballo igual ou de igual valor:

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Diferenzas entre retribución e salario
  • Discriminación retributiva
  • O traballo igual ou de igual valor
  • Instrumentos e fórmulas legais para combater a desigualdade e a discriminación retributiva

Profesores

Pablo Gimeno Díaz de Atauri

  • Profesor Permanente Laboral da Universidade Complutense de Madrid (acreditado a Titular de Universidade)
  • Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidade Carlos III de Madrid Doutor en Dereito pola Universidade Carlos III de Madrid

Rita Carina dos Reis Felizardo

  • Licenciatura en Educación e Intervención Comunitaria Posgrao “Protección de Menores”

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará elementos e actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa a máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

  1. Salario e retribución: concepto e diferenzas
  2. Desigualdade e discriminación retributiva: cartografado da fenda de xénero
  3. A posta en valor do traballo feminizado: do dereito á retribución por un traballo igual ao dereito á mesma retribución por un traballo de igual valor
  4. Remedios xurídicos concibidos para acurtar a fenda de xénero en materia retributiva: transparencia, información e negociación
    a) Rexistros e auditorías retributivas
    b) Auditorías retributivas
    c) Sistemas de valoración dos postos de traballo
    d) O plan de igualdade (remisión)

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 10 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesións asíncronas: 5 horas → Exposición e desenvolvemento do contido teórico do módulo, que abranguerá a parte xeral da materia e os aspectos teóricos da parte específica.
  • Sesiones síncronas: 2 horas → Estudo e resolución de casos prácticos sobre as materias estudadas na parte específica
  • Sesión de tutoría grupal en liña: 2 horas → Repaso dos contidos impartidos e resolución de dúbidas do alumnado.
  • Trabajo persoal do alumno: 1 hora → Estudo da materia, preparación e realización da proba de avaliación.

Duración de 10 horas
De
Ata

Obxectivos desta formación

  • Proporcionar formación e información sobre as diversas modalidades de desigualdade e discriminación retributiva das persoas traballadoras por razón de xénero desde unha perspectiva interseccional
    Cales son os obxectivos deste curso
  • Dar a coñecer á sociedade xeral as causas da discriminación retributiva e as medidas legais para a súa prevención e erradicación

A quen vai dirixido

As persoas destinatarias deste programa serán:

  • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
  • Persoas traballadoras por conta propia
  • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

Duración

Entre o (data inicio) e o (data fin) do 2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

O prazo de inscrición remata o xx de xxxxx de 2026.

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.
  • Asistir e participar activamente nas x sesións online que se celebran nas datas indicadas, respectivamente.

⇒ 10 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso