O plan de igualdade: concepto, contido e elaboración

Todo o que debes coñecer sobre esta formación

Este curso, totalmente gratuíto, permitirá ás persoas participantes profundar en coñecementos teórico-prácticos sobre as seguintes materias:

  • Concepto e impacto da igualdade de xénero no ámbito laboral
  • Concepto, regulación e elaboración de plans de igualdade transfronteirizos nas empresas e organizacións
  • Medidas de promoción e implementación da igualdade de xénero nas relacións laborais a través do plan de igualdade

Profesores

Dra. Patricia Nieto Rojas

  • Profesora Titular de Universidade da UNED

Vanessa Pereira

  • Máster en Estudos sobre a Muller: xénero, cidadanía e desenvolvemento
  • Formadora/consultora en igualdade de xénero, inclusión e non discriminación
  • Psicóloga en proxectos comunitarios de loita contra a violencia de xénero e promoción e protección dos dereitos dos nenos na Oficina de Atención á Familia

Aprende ao teu propio ritmo

O curso combinará actividades síncronas e asíncronas co obxectivo de que a experiencia do alumnado sexa o máis satisfactoria posible, permitindo que as persoas participantes poidan aprender ao seu propio ritmo e horario e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias e interactuar entre elas.

O alumnado poderá acceder aos distintos contidos teóricos formativos e ás píldoras audiovisuais do curso durante todo o período de vixencia do mesmo

Que inclúe esta formación?

Parte xeral:

  1. Introdución á Igualdade de Xénero
    1.1. Conceptos básicos:
    → Definición de igualdade de xénero
    → Diferenza entre igualdade e equidade
    → Marco legal
    1.2. Importancia da igualdade de xénero no traballo:
    → Beneficios para a empresa e os empregados
    → Impacto na produtividade e no clima laboral

Parte específica:

  1. Plans de igualdade na empresa
    1.1. Alcance da obriga legal:
    → Ámbito subxectivo
    → Desenvolvemento procedimental. Negociación cos representantes legais dos traballadores
    1.2. Elaboración do plan de igualdade
    → Diagnóstico da situación actual
    → Identificación de áreas de mellora
    → Establecemento de obxectivos e medidas concretas
    1.3. Implementación e seguimento
    → Asignación de responsabilidades
    → Recursos necesarios
    → Avaliación e axuste continuo do plan
  2. Medidas específicas para promover a igualdade
    2.1. Acceso ao emprego e infrarrepresentación
    → Sistemas obxectivos de selección e promoción
    → Accións positivas para o sexo infrarrepresentado
    → Formación en igualdade de xénero para os axentes implicados
    2.2. Corresponsabilidade – módulo específico –
    → Medidas de flexibilidade horaria
    → Traballo a distancia e desconexión dixital
    Contido do curso

 

Cal é a estrutura e o desenvolvemento desta formación?

O módulo ten unha duración total de 10 horas que se distribuirán da seguinte forma:

  • Sesiones asíncronas: 7 horas → Exposición y desarrollo del contenido teórico del módulo, que abarcará la parte general de la materia y los aspectos teóricos de la parte específica. Así mismo, deberá incluir ejemplos prácticos reales. En concreto se llevarán a cabo 8 píldoras audiovisuales de 53 min de duración (4 píldoras docente portuguesa y 4 píldoras docente española).
  • Sesión síncrona: 14/05/2026 (de 16:00 a 18:00 - hora peninsular española) → Comparativa entre ambos marcos normativos con la participación de las dos docentes. Un aspecto que consideramos fundamental para garantizar que el alumnado comprenda las diferencias y similitudes entre los sistemas jurídico-normativos y pueda aplicarlas correctamente en los casos prácticos.
  • Traballo persoal do alumnado: 1 hora - Estudo da materia, así como preparación e realización da proba de avaliación.
Duración de 10 horas
De 28 de Abril de 2026
Ata 28 de Maio de 2026

Obxectivos desta formación

  • Proporcionar formación e información referente á normativa española e portuguesa sobre o plan de igualdade no ámbito laboral
  • Instruír á cidadanía en xeral e a integrantes de institucións, empresas e outros grupos sociais sobre a natureza xurídica e o procedemento de elaboración e negociación de plans de igualdade transfronteirizos

A quen vai dirixido

As persoas destinatarias deste programa serán:

  • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
  • Persoas traballadoras por conta propia
  • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

Duración

Entre o 28/04/2026 e 28/05/2026

Para a súa realización dispoñerase das 24 horas do día, todos os días da semana.

Rexistro

O prazo de inscrición remata o 24 de abril de 2026.

Como obter o certificado de aproveitamento?

Os requisitos para obter o certificado de aproveitamento do curso formativo serán:

  • Visualizar as pílulas formativas asíncronas.
  • Responder satisfactoriamente, polo menos, ao 70% das cuestións expostas nun dos dous test de avaliación que figura no módulo teórico.

⇒ 10 horas

⇒ Dispoñible no teu móbil

⇒ Idioma: Idioma: castelán e portugués

⇒ Certificado de aproveitamento ao completar o curso